Temporal de chuvia e vento

Temporal de chuvia e vento
14 de Xaneiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Chuvia e vento o domingo en Cee, onde xogou o Maniños, que non puido puntuar nun partido con dúas partes moi diferentes. Cee 4-0 Maniños. Xurxo Rodríguez, adestrador do Cultural valorou o partido en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Aguantou ben na primeira metade o Maniños pero cambiaron as cousas na segunda. “A primeira parte foi equilibrada, o resultado non reflicte o que foi o xogo”, opina o técnico do Maniños. O partido xogouse con moi mal tempo. “As inclemencias do tempo foron importantes, con refachos de vento impresionantes e un verdadeiro diluvio o que caeu”, relata Xurxo Rodríguez.

Deportes

Publica o teu comentario agora