Ten coidadiño ao final

Ten coidadiño ao final
15 de Setembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Cantos dedos tes nas mans? Cóntaos ben e o saberás. E como é mellor contalos? Coa axuda duns animais que de camiño que os contas un conto che contarán; mais ten coidadiño ao final...” avanza a sinopse de Os dez animais, unha obra escrita por Antón Cortizas e ilustrada por Lidia Nokonoko sobre a que falaremos este xoves no clube de lectura de Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

“Este libro non vai ser lido maiormente por nenos e nenas senón por adultos que llo van ler. Esa é a función dos albumes ilustrados. Este libro é unha metáfora. Aquí vai expresado algo que eu quero transmitir. O máis importante desta historia son os animais máis pequeniños”, desvela Antón Cortizas no clube de lectura de Radiofusión. Os dez animais é tamén un xogo de memoria grazas ás rimas e no que a ilustradora deixou voar a súa imaxinación. “Inspira moito que che deixen tanto espazo para facer o que ti queiras”, recoñece Lidia Nokonoko á que escoitaremos este xoves a partires das once da mañá.

Cultura

Publica o teu comentario agora