Ten que haber cambios

Ten que haber cambios
16 de Febreiro, 2024 - 02:21 h. | Publicada por Radio Fene

Trescentos Venres Negros. Son as xornadas de protesta que protagonizan traballadores de Radio e a Televisión de Galicia. Convocadas pola plataforma #DefendeAGalega que se rebela contra a censura e a manipulación informativas. Tamén contra as represalias que sofren os profesionais que non pasan polo aro. A presidenta do comité intercentros da CRTVG Raquel Lema está convencida de que as eleccións do domingo suporán un punto de inflexión.“Independentemente do resultado, ten que haber cambios”, opina.

ESCOITA O PODCAST:

http://173.255.131.18/audio/160224LEMA.mp3

Fotografía: Defende A Galega

“É imposible que continúe como está, terá que haber cambios, goberne quen goberne, rápidos, por rexeneración democrática, na alta dirección e nos mandos intermedios”. A situación dos medios públicos galegos, con algúns dos directivos imputados pola Xustiza por acoso a unha traballadora, é insostible. O desprestixio do medio agudizouse coa campaña. “Hai unhas semanas falábamos de delirio informativo, agora xa se nos acabaron os cualificativos”, sinala a presidenta do comité intercentros.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora