Tenis de primeiro nivel

Tenis de primeiro nivel
13 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aposta polo tenis en Fene. Na fin de semana do 15 e 16 de xuño vaise celebrar un importante cita para as persoas interesadas no tenis. Por iniciativa da escola de tenis “Justo al revés”, coa colaboración do Concello de Fene e a cafetería Arrecendo, que traerá a Fene a Marc López Tarrés, actual adestrador de Rafa Nadal e cunha destacada traxectoria como xogador, como lembrou Rubén Justo.

ESCOITA O PODCAST:

Marc López Tarrés dará unha clase maxistral para alumnos. Tamén xogará un partido de dobres. O prato forte será un partido de exhibición contra o gañador dun torneo que disputarán o venres catro dos mellores xogadores de Galicia, Rodrigo Figueroa, Saúl Berdullas, Alejandro Vizoso e David Cao. Na pista de Centieiras, onde haberá barra e actuacións de escolas de baile. As entradas poranse á venda en breve. Poucas veces hai ocasións en Galicia de asistir a unha actividade semellante.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora