A tenreira cachena volve ao prato das II Xornadas do Eume

A tenreira cachena volve ao prato das II Xornadas do Eume

15 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Inaugúranse hoxe en Pondeume as II Xornadas da tenreira cachena na que participarán oito establecementos da zona. Ata o dous de maio poderemos degustar nas suas mesas menús, tradicionais ou máis creativos que teñen como base a carne desta tenreira tan rústica, vermella, entre añejo e vacún, orixinaria da Baixa Limia.

Carpachos, carne ao caldeiro ou estofados atoparemos, entre múltiples variedades culinarias, nos restaurantes que se sumaron á iniciativa da Asociación de empresarios "Tureume". Para a elaboración dos pratos de tenreira cachena terán en conta outros productos da zona que lle son propicios como o viño e o xerez de Betanzos, os queixos e o mel do Eume ou as castañas.

Dende hoxe e ata o 2 de maio celebranse estas II Xornadas da Tenreira Cachena nos seguintes restaurantes: Andarubel (Pontedeume), A Palma (A Capela), A Pitanza (Pontedeume), Casa Garabana (Vilarmaior), Casa Peizás (A Capela), La Solana (Cabanas), Las 5Jotas (As Pontes) e Casa Sixto (Paderne).

Sociedade