Tensi e Lucía axúdannos moito

Tensi e Lucía axúdannos moito
21 de Xaneiro, 2022 - 11:26 h. | Publicada por Radio Fene

Tensi (infantil) e Lucía (cadete) axúdannos moito afirma o adestrador do Maniños Carlos Gómez. Acoden a Cedeira coa moral alta, tras vencer ao primeiro clasificado o As Pontes, que aínda non coñecía a derrota. Na Copa de fútbol sete feminino o Maniños visita ao Discalzas A. Xogarase o partido no campo do Beco en Cedeira, mañá sábado ás catro e media da tarde. Arbitra Saúl Díez. 

ESCOITA O PODCAST:

Carlos Gómez, adestrador do Maniños
http://173.255.131.18/audio/210122GOMEZ.mp3
Juan José Lorenzo, adestrador do Perlío
http://173.255.131.18/audio/210122LORENZO.mp3
Fotografía: Xan Xe Corral

Fotografía Xan Xe

Na Segunda División galega do fútbol feminino o Perlío visita ao Narón O Freixo. Xogarán no anexo de Rio Seco, o domingo 23 ás catro e media da tarde. O Narón O Freixo é o segundo clasificado, cun gran potencial. O adestrador do Perlio Juan Jose Lorenzo falounos da intención coa que afrontan o encontro. 

Deportes

Publica o teu comentario agora