Teo acolle o sabado o XVII Música na Noite

Teo acolle o sabado o XVII Música na Noite

30 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A noite de folk e rock na 17ª edición do Música na Noite celébrase no Campo de San Domingo en Calo (Teo) o sábado 5 de xullo a partir das 22.00 horas. Nao, chegan desde A Estrada co seu último traballo recen editado para presentar en Calo ese son directo e cheo de distorsión que os caracteriza. Tamén concurren: Familia Caamagno, Habelas Hainas, Os d`abaixo e Os da Ría.

Música na Noite chega á súa décimo sétima edición recollendo, desta volta, nunha noite, algunhas das propostas máis interesantes do panorama musical galego. O festival, que se celebra no Campo de San Domingo de Calo (Teo) o sábado 5 de xullo, ofrecerá unha primeira parte dedicada ao folk, con dúas bandas de estilos auténticos e enraizados na música tradicional do Pais; e unha segunda con  grupos punteiros no panorama musical de rock en galego.
Para esta noite, a asocación Lúa Chea, que organiza o festival desde hai case 30 anos, programou os concertos de Nao, Familia Caamagno, Habelas Hainas, Os d`abaixo e Os da Ría.

Nas inmediacións do Campo de San Domingo será posible acampar de balde e instalaranse postos de venda de comida e bebida así como produtos culturais, venda de camisolas e espazo infantil. Os concertos son gratuítos e comezan ás 22.00 horas.
 
O festival Música na Noite naceu nos anos oitenta para achegar a Calo a diversas bandas de folk do momento. Durante esta primeira vida, que durou ata 1996, converteuse nunha das citas máis populares do panorama da música tradicional. A asociación Lúa Chea recuperouno no 2008, desta vez apostando por celebración de noites de estilos diversos.

Sociedade