A terceira xornada do VII Curso de Arte Galega do Museo Provincial xa está en marcha

A terceira xornada do VII Curso de Arte Galega do Museo Provincial xa está en marcha

22 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Hoxe terá lugar no Museo Provincial de Lugo a terceira xornada do VII Curso da Arte Galega cos relatorios “A imaxe nos Libros”, a cargo da profesora de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosa M. Cacheda Barreiro, ata as 12.00 horas; “A pintura nos mosteiros”, charla de Enrique Fernández Castiñeiras, profesor do mesmo departamento da USC, desde as 12.30 ata as 14.00 horas e, xa pola tarde, será a quenda do Director do Museo de

Ademais, con motivo da celebración do Día do Libro, mañá xoves a Deputación Provincial de Lugo, a Consellería de Cultura e Deporte, o Concello de Cervantes e o Club Ancares, organizan, no salón de sesións do Concello de Lugo, unha conferencia da historiadora Manuela Sáez sobre o VII Conde de Lemos, Cervantes e outros literatos. O relatorio comezará ás 12.00 horas e asistirán os alumnos do Colexio de Cervantes.

 

 

Como complemento á exposición Rexistros Abertos, Materias, contextos e narrativas na arte galega actual¸ o vindeiro sábado 25 de abril, entre as 11 e as 13 horas, se desenvolverá un Obradoiro de experimentación musical no Museo Provincial de Lugo a cargo de Arturo Vaquero. Esta iniciativa está dirixida a rapaces de 8 a14 anos e limitado a 15 participantes. Así, todos aqueles que desexen apuntarse poden formalizar a inscrición, que é gratuíta, no Departamento de Didáctica do Museo, ben acudindo persoalmente ou chamando ao teléfono 982.24.21.12.

Cultura