ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Clube Atletismo Fene quedou terceiro clasificado por equipos no Campionato Galego de Media Maratón celebrado o pasado sábado con saída no concello de Ortigueira e chegada en Cariño. Celebrouse de xeito conxunto co Campionato de España Máster.
Nun circuíto duro, rompepernas, con fortes subidas e baixadas, destaca a gran carreira de Jonathan Fernández Ríos primeiro e Campión Galego na categoría senior a nivel individual e cuarto na mesma categoría Brais Cupeiro.
Os postos por equipos foron : 5º Jonathan Fernández cun tempo de : 1:12:57, 31º Brais Cupeiro Pérez 1:17:03 . 39º Luís Pérez Varela 1:17:46. 143 º. Samuel Ramirez Rodriguez 1:32:10. Puntos : 3: 47. 46
Organizaron a carreira os Concellos de Ortigueira e Cariño coa axuda da Federación Galega de Atletismo. 445 deportistas participaron na Ortegal 21K que serviu tamén para disputar o campionato galego absoluto de media maratón e o Campionato de España da mesma modalidade en master. A proba atlética saiu da Alameda de Ortigueira o pasado sábado ás cinco da tarde.
Publica o teu comentario agora