ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A X edición de Termatalia, a Feira Internacional do Turismo Termal, Termalismo, Talasoterapia e Spa, reunirá en Expourense ao turismo de saúde e á industria termal de 27 países coa presenza de 30 touroperadores entre este venres 15 e o domingo 17 de outubro. O certame volve a converterse no centro de negocios internacional do sector que terá como país convidado a México e a presenza de expositores procedentes de 27 países de catro continentes co
Termatalia é a única Feria Internacional do Turismo Termal da Península Ibérica. Co nexo común da auga amosa a realidade do sector, os seus distintos valores e ofertas e as posibilidades terapéuticas e de ocio. Segundo explicou a directora de Xestión de Expourense, Emma González, trátase dun foro mundial onde se amosa o ciclo completo da auga para pór en auxe o seu valor preventivo.
A feira acollerá accións consolidadas como a bolsa de contratación, misións comerciais de importadores e touroperadores, o encontro internacional sobre agua e termalismo coa presenza de máis de medio cento de expertos. Ademais presentará un bar de aguas e a recreación dun espazo balneario onde se poderá coñecer o seu funcionamento, as máquinas e os distintos tratamentos ofertados.
México, como país convidado, contará cun stand propio para amosar a súa oferta turística neste sector. O país azteca conta cun gran desenvolvemento da cultura do spa. Aínda que segue a ser máis emisor que receptor, sinalou González. Neste senso, o salón pretende ser unha fonte de intercambio de coñecementos entre Europa e América Latina. “Os países latinos miran a Europa para aprender xa que temos unha tradición milenaria da cultura termal e eles necesitan axeitar as súas infraestruturas”, declarou a xerente de Expourense. Para iso, percorrerán as instalación e os distintos balnearios da zona.
Ademais da súa ampla oferta internacional sobre o turismo de saúde, o certame serverá de escaparate da industria termal que xira arredor dos tres eixes de actuación da auga: mineral, medicinal e termal. En Termatalia presentaranse as novidades en produtos, servizos e equipamentos da industria termal, as últimas investigacións médicas, tratamentos pioneiros relacionados coa hidroterapia ou as estratexias de distintos países para desenvolver o seu potencial neste campo. Ademais a Asociación Europea das Cidades con Patrimonio Termal, de recente creación, aproveitarán o evento para facer a súa presentación oficial e para pór en valor a defensa deste patrimonio.
Pola súa banda, o secretario da Agrupación Empresarial Innovadora de Galicia (AEI TERMAL), Benigno Amor, destacou en Radiofusión, a importancia de aunar esforzos e aproveitar sinerxias para impulsar o sector do termalismo en Galicia. Con esta finalidade xurde a Cátedra de Hidroloxía Médica, a segunda en España. Segundo a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, “faltábamos este piar de formación para os médicos neste eido”. O termalismo é unha icona de Galicia e está considerada como un destino de saúde, subliñou Pardo. Ademais argumentou a necesidade de rachar coas dúas falacias arredor das propiedades medicinais da auga “curan todo e non curan nada”. Unhas afirmacións incertas, as augas só teñen un gran valor preventivo, asegurou.