Terra de Mulleres

Terra de Mulleres
06 de Marzo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Na Casa do Concello de Fene hai unha muller soldadora. Está representada na faixa feita a gancho por un grupo de fenesas para conmemorar o Día da Muller. Falamos da iniciativa coa alcaldesa, Sandra Permui, e as artesas Pepa López, Ana María García e Clara en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Temos moita sorte de contar con mulleres tan comprometidas”, agradeceu a alcaldesa a iniciativa das mulleres do gancho. “Máis que nunca é necesario reivindicar o valor da muller na sociedade”. Por iso o ano pasado fixeron unha mariscadora á que se engade este ano unha soldadora, porque unha muller pode desempeñar calquera profesión. “Pode, pode”, remarca Pepa. Coa instalación da soldadora feita a gancho comezaron en Fene as actividades conmemorativas do 8M que continúan este venres coa presentación do documental e a exposición “Mulleres da Reconversión”, un acto de xustiza, di Sandra Permui.  

Institucional

Publica o teu comentario agora