Terra a nosa actuará na nauguración do Auditorio de Negreira

Terra a nosa actuará na nauguración do Auditorio de Negreira

10 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O novo Auditorio do Centro Sociocultural de Negreira inaugúrase este venres, 12 de novembro, a partir das 21:00 horas. No acto intervirá o alcalde, Jorge Tuñas e tamén asistirán outras autoridades: o presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda e un responsable da Consellaría de Cultura.

O acto inaugural contará coa actuación do Coro de Cámara do Orfeón Caixa Galicia «Terra A Nosa», que vai a interpretar as pezas do seu programa: In festo Sancti Iacobi Apostoli. O recoñecido orfeón galego actúa en Negreira gracias á colaboración e o apoio da Fundación Caixa Galicia.

Segundo Emilio Forján, de Radio Negreira, o novo espazo trátase dunha gran obra para o concello. Ubicarase nun edificio anexo á Casa da Cultura e acollerá salas para audición, baile, danza e de informática. Ademais contará cun gran vestíbulo que se destinará como zona de baile para as persoas da terceira idade que ata o momento desenvolvían esta actividade, os domingos no Hotel-Restaurante Tamara.

O aforo para acudir ao concerto xa está completo.

Sociedade