A terra, o balón máis elas

A terra, o balón máis elas
22 de Xuño, 2021 - 12:11 h. | Publicada por Radio Fene

As xornadas “A terra, o balón mais elas”, organizadas polos Veteranos de Crendes e o CD Mabegondo, seguen en marcha coa colaboración do Concello de Abegondo. O proxecto busca visibilizar a través de varias actividades no Concello o papel da muller no fútbol e achegar esta realidade á rapazada do CEIP San Marcos de Abegondo. 

ESCOITA O PODCAST:
Xornadas sobre fútbol feminino en Abegondo

"A terra, o balón máis elas" comezaron xa hai varias semanas. Dúas xornalistas deron pautas para preparar unha visita dunha xogadora do Depor A Banca. A porteira do equipo Esther Sullastres acudiu ao colexio e a rapazada entrevistouna na radio escolar. Fixeron un obradoiro de xornalismo, segundo a organizadora das xornadas Bibiana Santiso. Catro equipos de fútbol feminino chegaron a funcionar en Abegondo. A historia desta especialidade nese Concello comezou o 5 de maio de 1963.
As xornadas de “A terra, o balón mais elas” pecharanse cunha tripla charla o venres 25: “A muller e as lesións no fútbol”, impartida pola fisioterapeuta Andrea Seijo; “A maternidade no fútbol”, coa futbolista e nai Sara Pita; e a presentación dos resultados do “Plan Piloto Elas+Fútbol 8M2021”, realizado por Bibiana Santiso en colaboración coa Universidade da Coruña. Despois das charlas haberá unha mesa de traballo, moderada por Lorena Pose, coas tres mulleres citadas e o público. 

Deportes

Publica o teu comentario agora