A Terra Queima na Coruña

A Terra Queima na Coruña

21 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A AVV Atochas-Monte Alto, a Librería Sisargas e Edicións Xerais de Galicia convidannos á presentación do libro: "A Terra Queima" un proxecto  do compositor coruñés Lalo Carnota.  Ademais da súa música, inclúe un conto de Xurxo Souto, as ilustracións de Sesé Barreiro e as fotografías de Xulio Rey.

O acto, que contará coa participación dos autores, terá lugar o sábado

Velaí a historia de Antón un rapaz das Lagoas. Un día en Lardeiros, a aldea dos seus avós ( como todos os nenos da Coruña, Antón ten aldea) o corvo Roque reclama con urxencia a súa axuda para resolver un enigma. Cuestión importante. Da súa resposta depende a salvación do Mundo.        

          Enriba do mar un cabalo

         Para chegar ao altar

         A forcada busca o ollo

         O ollo corta o coitelo

         E só Xan Rei o albisca

         Polo burato sen nome.

         Avisos urxentes:

         Un ramalliño

         Do corvo no pico,

         No niño dos touciños.

A solución (aínda que non a saibamos ver) está xusto aquí, diante de nós....

A Terra Queima reivindica unha vez máis a beleza e a eufonía das pedras percebeiras que rodean á Torre de Hércules: A Longuiña, O Grelle, Sogadoiro, As Eiras, Macallás… roteiro magnífico, de visita obrigada para quen, como Antón, queira atreverse a desenguedellar tan grande enigma.

 

Sociedade