Terras raras

Terras raras
13 de Xaneiro, 2026 - 12:18 h. | Publicada por Radio Fene

Volve o ciclo Contando Ciencia. A doutora en Xeoloxía Irene Pérez Cáceres que intervirá no ciclo de divulgación científica este xoves, 15 de xaneiro. Abordará na súa conferencia a cuestión das terras raras. Na Casa da Cultura de Fene, ás sete e media da tarde, con entrada libre. 

Co comezo do novo ano, retómase o V ciclo Contando Ciencia, que organiza a Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene.  Terras raras: nin son terras nin son raras, é o título da conferencia que pronunciará Irene Pérez Cáceres, doutora en Xeoloxía e técnico da Cámara Oficial Mineira de Galicia. Durante a súa intervención en Fene,  explorará o que son as terras raras, dende o seu descobremento ata as súas aplicacións na sociedade actual. Abordará a importancia estratéxica destes elementos críticos para as tecnoloxías modernas e a transición enerxética, dende dispositivos electrónicos ata vehículos eléctricos e enerxías renovables.Dende o punto de vista xeológico, examinará “os principais tipos de xacementos de terras raras que se atopan ou poderían atoparse en Galicia, prestando especial atención ás formacións rochosas e aos procesos que propician a súa concentración”. Irene Pérez Cáceres é doutora en Ciencias da Terra, especializada na evolución tectónica do Macizo Ibérico.

Sociedade

Publica o teu comentario agora