ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os arqueólogos submarinos insisten no tremendo valor dos restos de naufraxios que abundan nas costas galegas. Fala deses sucesos Fernando Patricio no seu libro "Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899". As vivencias de lobos de mar e mergulladores súmanse aos historiadores que falan das posibilidades de recuperación de determinados pecios.
Outra das xoias recentemente descubertas é o galeón de Ribadeo, O San Giacomo di Galizia, tiña 34 metros de eslora cunha capacidade de carga de 1.200 toneladas e un cento de tripulantes. Para traslado de tropas podía levar trescentas persoas máis. O San Giacomo afundiuse en Ribadeo o 13 de novembro de 1597. A tripulación e a tropa desembarcou auxiliada pola poboación da zona. O barco fora construido con carballo das inmediacións de Vesubio en Italia en 1590. A importancia deste galeón radica na súa singularidade e no seu excepcional estado de conservación. Non hai outro igual, non coñecemos ningún galeón español de guerra do séuclo XVI no mundo, segundo o arqueólogo submarino MIguel San Claudio.
Publica o teu comentario agora