ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O grupo Tespis representou a obra "Os Irmandiños" de Daniel Cortezón o 16 de agosto de 1980 no cine Valle Inclán da Coruña. O elenco dirixido por José Redondo foi unha das engrenaxes centrais da maquinaria teatral galega. Un centro formativo e de produción teatral entre 1965 e 1984 con ampla transcendencia e grande participación social, segundo explica Francisco Oti no libro "Tespis e o contexto teatral coruñés que ven de publicar en Edicións Invasoras.

José Redondo ademais de impulsar Tespis tamén dirixiu Trasno, grupo formado orixinariamente no Instituto de Zalaeta en 1979, ainda que complentado con actores e actrices de outros institutos da Coruña. Alí iniciaron o seu contacto cos escenarios Santiago Prego e Vitor Mosqueira. Trasno representou a obra de Eduardo Blanco Amor "Fas e Nefas" a a obra inédita de Leandro Carré Alvarellos "Un home doente". Coa representación de Blanco Amor o grupo gañou a fase provincial do Certame de Teatro organizado polo Banco de Gredos, acudindo a unha función a León.
Publica o teu comentario agora