Testamento cultural

Testamento cultural
20 de Xaneiro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Conversas con Paco del Riego é unha obra chea de sinceridade, anécdotas e cultura que Perfecto Conde se arrepinte de non ter publicado antes. “O mérito deste libro é de Paco del Riego”, asegura o xornalista e autor destas liñas en Radio Fene.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Non me decataba de que alí había un testamento cultural dun dos homes máis importantes da cultura de Galicia. Entón, quedou nun caixón pola miña desidia persoal. Incluso, morre el e sigo sen facer o libro ata dous anos despois cando volvo a revisar todo e tendo xa transcritas as gravacións. Entón sí me decato e penso ‘aquí hai unha cousa seria no tocante ao que el conta e analiza’. Daquela comezo a escribir o libro”, explica Perfecto Conde no clube de lectura de Radiofusión.

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Perfecto Conde no clube de lectura de Radio Fene.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora