ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Pablo Díaz é moitas cousas, cantante, compositor, educador e tamén investigador do folclore tradicional galego. Desde moi novo estuda e ensina materias relacionadas co baile e a música tradicional e domina instrumentos varios como a gaita, o clarinete, diversas percusións tradicionais e, por suposto, a voz.

Na súa vagaxe musical compre mencionar a súa participación en grupos de música tradicional e folk como Donaire, Ruote, Entrecaixas e Tátara Trío, pero hoxe Pablo Díaz é o noso convidado en Sons de Nós Con porque adica a súa produción musical ao público infantil e xuvenil e, xa o sabedes, en Sons de Nós temos especial empeño en visibilizar o traballo que está a facerse en Galicia para o público miúdo, porque merece que se lle preste atención.
Pablo Díaz debuta como músico con TIC TAC, en 2009 un libro disco que edita coa editorial Kalandraka e que foi apadriñado polo músico Santiago Auserón, a partir dese momento a súa carreira céntrase na produción de música adicada ás crianzas. Unha adicación que lle valeu o recoñecemento do mundo musical ao mellor traballo de música infantil nos premios Martín Códax 2014.
E o traballo continúa ata o momento, con cinco discos e outros tantos espectáculos cos que é quen de conquistar a pequenos e maiores. Pena non poder voltar á infancia.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora