Tio Emilio de Redondela e 9 comparsas máis chegan ao Antroido

Tio Emilio de Redondela e 9 comparsas máis chegan ao Antroido

20 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

“Tío Emilio” de Redondela, “Os Remolóns” de Vilagarcía, “Las marchosas” de Arcade e así ata un total de dez comparsas desfilarán na tarde do domingo polas rúas da vila. As cinco da tarde concentraranse no Campo da Feira e unha hora despois percorrerán as rúas Alfonso XII e Ribeira o que obrigará a pechar o tráfico no centro de Redondela

Rematado o desfile haberá verbena na Praza da Constitución amenizada polo Grupo Naranja e xa as nove darase a coñecer a resolución do xurado que premiará ás mellores comparsas.

 

 

O luns será a xornada adicada aos máis pequenos. Co obxectivo de potenciar as actividades dirixidas aos rapaces desenvolveranse na Praza da Constitución diferentes obradoiros de manualidades, globoflexia, caracterización, música, baile e karaoke.

 

E xa o martes tal e como ven sendo tradicional nos últimos anos as rúas pecharánse de novo ao tráfico para a celebración do Entroido libre co desfile de disfraces individuais, parellas e grupos e a verbena, a partir das 18.00 horas, amenizada polo Grupo Atalaya.

Xa as 20.00 horas procederase á Queima do Meco, que este ano representa a crise económica mundial. Un meco que está xa pendurado do balcón da casa consistorial e que fai alusión ás caídas sufridas pola bolsa e representa a un banqueiro afectado por esas perdas multimillonarias. O Entroido rematará cunha verbena na Praza da Constitución.

 

Soutomaior

 

En Soutomaior as actividades programadas pola concellería de Cultura céntranse na tarde de mañá sábado. O pavillón municipal da Montesiña acollerá durante toda a tarde un baile infantil que estará amenizado polo trío musical “Tres punto com”. A partir das dez a festa prolongarase pero xa para o público adulto coa presenza do grupo “Sevilla”. Tamén mañá sábado haberá cine xuvenil coa proxección ás 20:00 horas da película Camp Rock no multiusos de Arcade.

Sociedade