As titiriteiras de Culleredo amenizan os maios en Maniños

As titiriteiras de Culleredo amenizan os maios en Maniños

20 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alumnado do colexio Os Casais disfruta o venres 21, na pista do Pote en Maniños, da tradicional festa dos maios. A iniciativa é da Asociación Etnográfica e da natureza AETNA que pon á sua disposición a infraestructura e a sabiduría para que sexan os pequenos-as os que elaboren os maios e a alfombra floral.

Contan coa colaboración da ANPA dos Casais e o colexio, O Pote, o concello e a Deputación provincial. A directiva Mariela Aguilar afirma que todo está a punto. Os rapaces sairán ás 10 da mañán do colexio en autobús e media hora máis tarde comezan a elaboración dos maios e da alfombra.
 
Outra directiva de Aetna, Hortensia Seoane, resalta a importancia de manter as festas populares galegas, un dos obxectivos da asociación. Ás 11,30 farán a escenificación con poemas e cantigas previamente preparadas nas aulas, para rematar cuns refrescos cedidos pola ANPA antes de retornar ao centro.  Durante a mañán, na pista do Pote, actuarán as contacontos e titiriteiras de Culleredo.

Sociedade