ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O escritor Antonio Tizón presenta este domingo en Magalofes o seu libro-disco “Coplas analfabetas”. Eugenia Sanmartin, o dúo Barahunda, Davide Salvado e Carmen Penim interpretan as cancións incluídas no volume. Aproveitase a biografía para o relato, pero sempre a través do filtro da literatura. A vocación literaria de Antonio Tizón débella, en boa medida, á súa avoa, María Dominga Cordeiro García (1900-1993), que era analfabeta pero que gardaba na súa memoria prodixiosa centos de coplas, que lle recitaba e lle cantaba dende moi neno, cando se sentaba con ela ao lado dereito da súa cama.

A esta muller, a quen sempre chamaba madriña, está dedicado este libro disco, Coplas analfabetas. Presentación, ás cinco da tarde do domingo no local veciñal de Magalofes. Despois actuarán as Xirifeiras. As Letras Galegas en Magalofes comezarán co teatro do grupo Licor Café de Cabanas o venres ás nove da noite. O sábado 17 haberá un xantar veciñal.
Antonio Tizón en Radio Fene
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora