ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Toño Casais, Premio do teatro galego 2024. Recibiu o galardón ao mellor actor secundario. Ademais o seu grupo Talia Teatro recibiu o recoñecemento pola obra Unha inimiga do pobo. Alzouse con sete grandes galardóns nos Premios de Teatro Maria Casares na gala de entrega, celebrada a pasada noite no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Casais participa en Talia Teatro e tamén coordina Radio Neria, a emisora municipal de Corcubión.
Os 9 espectáculos galardoados nos María Casares son:
O escenario do Teatro Rosalía converteuse nun barco pirata que celebrou as nosas artes escénicas nunha noite na que Vero Rilo leu o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro e María Barcala recolleu o Premio de Honra Marisa Soto. A gala, que foi retransmitida por Youtube a través da canle dos Premios María Casares, contou co discurso de Arantza Villar, presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Na súa intervención, Villar realizou un percorrido por diferentes cifras que definen a situación laboral da profesión artística. Neste sentido, tirou man do informe socioeconómico da AISGE para lembrar que o “77% da profesión da interpretación de todo o estado ingresa menos de 12000 euros anuais polo seu oficio” e que os ingresos dos actores masculinos supera nun “40% o das actrices”, subliñando así a persistencia da brecha de xénero. “Dende aquí, dende os escenarios, podemos pelexar contra a precariedade. Cómpre facelo dende o colectivo”, sinalou a presidenta da AAAG, antes de celebrar que o sector escénico e o audiovisual contan cun “tecido asociativo profesional sólido” e que “non hai máis forza que a unión”.
O discurso da Xunta Directiva tamén incluíu mensaxes antibelicistas fronte á invasión en Gaza, mostras de apoio aos traballadores e as traballadoras da dobraxe que están a reclamar o cumprimento do seu convenio colectivo e críticas á CRTVG. “Reclamamos que o ente público sexa verdadeiramente transparente e transversal, alleo á manipulación. Solicitamos que se cumpra a Lei de Medios. Merecemos outra televisión”, rematou Villar.
Publica o teu comentario agora