Toca buscar relevo

Toca buscar relevo
28 de Maio, 2024 - 07:00 h. | Publicada por Radio Fene

No fútbol feminino, o Maniños comeza as vacacións pendente de buscar recambio ao adestrador Juanjo Iñiguez, Cebolo, que tal como anunciara deixa o posto logo dunha tempada, na que o equipo asegurou a permanencia na Segunda División Galicia. A presidenta do club, Puri Hermida, sinala que xa hai algún candidato para o posto e agarda que a decisión se peche nun par de semanas.

ESCOITA O PODCAST:

Foi unha tempada “espectacular”, en palabras da presidenta, Puri Hermida, que despediu ao adestrador en Radio Fene dedicándolle un recoñecemento polo seu mérito na traxectoria do equipo. “Nunca xogáramos a fútbol 11, foi mérito del, o ascenso o primeiro ano e este ano mantiveron, mellor imposible”. Mentres, Iñiguez eloxia o compromiso das xogadores e agradece o apoio do club. As principais alegrías? Para a presidenta, “a permanencia, son unha familia, están unidas, apóianse unhas a outras”. “Voume satisfeito con todo o feito e levo un feixe da amigas. Estoulle agradecido polo que fixeron por min e polo club”, declara o técnico.

Deportes

Publica o teu comentario agora