ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O próximo encontro da Copa traerá ao Estrella ao campo do Pote o 1 de novembro.
O Cultural Maniños superou cos penaltis o primeiro lance da copa da ría fronte ao Cariño. O encontro quedou en empate a dous que se dirimiu coa tanda de penaltis favorable ao equipo do Pote. O encontro é calificado de “atípico” polo adestrador do Maniños, Pablo Mesa, porque foi dificil reunir aos 16 e houbo lesións desde o minuto un. O infortunio cébase co Maniños, en palabras de Mesa. Ao Maniños custoulle entrar no partido. Lesiónanse na primeira parte Angel e Pitu mentres o Cariño se adiánta no marcador. No empezo da segunda parte os do Pote tiveron tres ou catro ocasións que non deron materializado ata que puxeron unha marcha máis e lograron empatar o encontro. O marcador queda en táboas co 2-2. Menos mal que lles tocou as lotería dos penaltis e podens eguir na competición. A próxima cita será o 1 de novembro no campo do Pote fronte ao Estrella. Antes do comenzo da liga, o Maniños xoga este venres un amistoso en Moeche. O equipo é o mesmo Maniños que o ano pasado ao 85%. O formato da liga é moi esixente, segundo declara Pablo Mesa, quen a pesar dos infortunios ten esperanza.
Publica o teu comentario agora