ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Ictus e traumatismos cráneo-encefálicos son as principais causas do dano cerebral adquirido que pode ter consecuencias moi graves na vida das persoas que o padecen. Falamos do tema coa terapeuta ocupacional da Federación de Dano Cerebral Galicia, Inés Mosquera, e coa coordinadora do servizo de Benestar do Concello de Fene, Pilar Couce.

“Ten como resultado unhas secuelas que afectan á persoa e á súa independencia, é unha das principais causas de morte en España, a principal causa de discapacidade na idade adulta e afecta a moitas persoas menores de 60 anos”, explicou Inés Mosquera. Os servizos sociais de Fene van colaborar coa Federación de Dano Cerebral para facilitar información sobre a entidade e os medios dos que dispón, segundo anunciou Pilar Couce.
“A causa principal do dano cerebral adquirido, ronda o 74%, son os ictus, seguida dos traumatismos cranio encefálicos”, segundo informou Inés Mosquera. A Federación de Dano Cerebral Galicia facilita apoio e recursos para facilitar a vida ás persoas que padecen este problema. Ofrecen axudas técnicas relacionadas coa mobilidade funcional como cadeiras de rodas eléctricas, grúas ou camas articuladas con colchóns antiescaras. Tamén cubertos adaptados ou táboas para a elaboración de alimentos e axudas para vestido e hixiene persoal ou para a comunicación.
Publica o teu comentario agora