Todas as competencias

Todas as competencias

04 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O alcalde de Santiago de Compostela Angel Currás e a tenente de alcalde Reyes Leis asumiron todas as competencias dos nove ediles dimisionarios, segundo se recolle en sendos decretos asinados na mañá de hoxe. Currás asume Seguridade, Mobilidade, Facenda, Réxime Interno e Persoal. Leis quedará con Festas,  Participación Cidadá, Desenvolvemento Urbano, Servizos Sociais, Educación, Deportes, Xuventude Normalización Lingüíst

A dimisión de Rebeca Domínguez -anunciada onte- agravou a crise no Concello de Santiago de Compostela porque o rexedor deberá buscar recambio para un total de nove prazas de concelleiro, pero a lista coa que o PP se presentou ás municipais de 2011 xa vai polo posto 18.

Entre as persoas que completaron a candidatura en 2011 figuran o pai dunha das supostas enchufadas nunha de contratas municipais do Grupo Vendex, un falecido, a deputada no Congreso Marta González e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.

Por iso, o alcalde de Santiago xa recoñeceu que terá que completar a corporación municipal con persoas que non foron na lista do PP, aínda que insistiu en que a gobernabilidade do Concello compostelán está garantida.

Institucional