Todas as prazas cubertas

Todas as prazas cubertas
20 de Maio, 2022 - 01:09 h. | Publicada por Radio Fene

Xa están cubertas todas as prazas e hai xa lista de agarda. O obradoiro  “Parafraseando a Xaquín coa porexgrafía”, dirixido pola artista Laura Bouza, do Laboratorio Laudas Calamity desenvolverase no Museo do Humor de Fene mañá sábado de once da mañá a unha do mediodía. 

ESCOITA O PODCAST:
Laura Bouza en Radio Fene

Consistirá na elaboración, por parte dos participantes, dun boceto que, logo de ser transferido a un disco de poliestileno e traballado para crear distintos planos e profundidade de campo, permitirá facer reproducións sobre papel. A actividade vai dirixida a persoas de 8 anos en diante que, para participar, deberán enviar un correo antes do sábado 21 de maio a cultura.deportes@fene.gal. No asunto especificarán o seguinte: “Inscrición no obradoiro de porexgrafía”. E, no contido, deberán aportar os seguintes datos: nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.

Cultura

Publica o teu comentario agora