ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Todo é bon para o convento” di un refrán popular, aludindo á receptividade amosada polos habitantes do mosteiro para todo tipo de produtos que lle levaran como agasallo ou como pago de impostos. O Perlío tamén recibiu de moi bó grado os tres puntos logrados no campo dos Pinares. Perlio 2 Narón 1. Goles de Alex e de Isma Grandal na primeira parte do partido da Segunda Galicia de fútbol.
O equipo dos Pinares realizou un gran primeiro tempo e colocouse dous a cero no marcador. No segundo tempo, o conxunto visitante veuse arriba, pero o Perlío soubo crear ocasións de gol nas contras, ainda que non puido culminar as xogadas. Os xogadores amosan un gran momento físico, segundo o adestrador Chechu Piñeiro.