Todo suma

Todo suma
03 de Febreiro, 2020 - 11:46 h. | Publicada por Radio Fene

Todo suma. O Barallobre segue imbatido tras empatar co primeiro clasificado. Na Segunda Galicia de fútbol, Barallobre 1 -1 Capela. Un punto contra un rival directo é moi valioso porque seguimos a un punto do líder e aínda temos que ir xogar aos Calzados. Favoreceuse o Mandiá, terceiro clasificado que sumou tres puntos e recorta diferencias.

ESCOITA O PODCAST:
S.D.Barallobre. Segunda Galicia de fútbol.

Sopraba moito vento no partido xogado na mañá do domingo. O aire prexudicaba incluso cando era a favor, segundo o adestrador do Barallobre Óscar Varela.  “Tanto o Capela coma nós, non estivemos afortunados nos últimos metros diante da portería e en cambio as dúas defensas estiveron moi ben plantadas”.

Deportes

Publica o teu comentario agora