ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Xogouse a última xornada da primeira fase na Segunda Autonómica na que militan os equipos de Fene. Agora haberá quince dias de parón antes do inicio da segunda fase. A competición reanúdase o domingo 29 de novembro. O Maniños logrou clasificarse no "grupo bo" tras vencer onte ao Naraío.O Perlío xa estaba matematicamente clasificado pero non baixou as máns e gañou na visita ao San Sadurniño. O Barallobre caeu no c
Maniños 3 Narahio 1.
O Maniños finaliza a Liga de terceiro e polo tanto clasificase para o grupo bó da Segunda Autonómica de fútbol. No minuto quince o marcador xa indicaba un 2 a 0, pero o Narahio meteu o medo no corpo do equipo do Pote cun gol no minuto 33. Para colmo os resultados nos outros campos íanlle mal ao Maniños. A partir daí sofrimento, ata que Fonso logrou o 3-1 no minuto 78. E un alivio tremendo instalouse no campo do Pote, segundo o directivo, Alfredo Fernández. Agora o Maniños seguirá os próximos quince días ata que empece a segunda volta, cun plan de traballo normal e coa recuperación dos xogadores.
San Sadurniño 1 Perlío 3.
Benito e Rober, este por partida doble, marcaron os goles para o Perlío. O Perlio finaliza esta primeira fase da liga de cuarto e con vinte puntos. Agora toca seguir adestrando e recuperar á xente lesionada, segundo o mister, Matías García.
Numancia 6 Barallobre 2.
O Barallobre finaliza a Liga de séptimo, con sete puntos. O Numancia foi claramente superior na primeira parte do encontro porque o Barallobre saíu descentrado e regalou moito. Os sete puntos acadados "non son moito nin pouco" son os que hai, segundo o adestrador, Victor López, quen desexa agora facer un bo papel na segunda parte da liga. A preparación física e psíquica do equipo será o seu obxectivo nas dúas semanas que teñen por diante e que ver ser como unha pretemporada.