Todos metidos nun bote, por Xaquín Marín

Todos metidos nun bote, por Xaquín Marín

10 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación de Amigos do Museo do Humor ven de limpar e restaurar o mural artístico situado ao pé da igrexa de Perlío, na avenida das Pias en Fene (A Coruña).

O mural pintouno en base a un deseño de Xaquín Marín a Asociación de Amigos do Museo do Humor a finais de 1996. Representa ás caricaturas de Castelao, Charles Chaplin, Miguel de Cervantes, Chichi Campos, Samuel Beckett, Bernard Shaw e Mark Twain, a bordo dun barco. O lema que preside o mural é Fene. Museo do Humor. Todos metidos nun bote.

Sociedade