ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Xa están confirmadas todas as actuacións de Bruce Springsteen na súa xira deste verán por Europa. O Xacobeo organiza o concerto de Santiago de Compostela para o 2 de agosto no Monte do Gozo. Sairán á venda 30.000 entradas a un prezo que podería rondar os 50 euros.
A nova xira de Bruce Springsteen incluirá concertos en Bilbao, Benidorm, Sevilla, Valladolid e Santiago de Compostela entre xullo e agosto para presentar o seu último traballo 'Working on a dream'.
Bruce Springsteen iniciará os seus concertos en EEUU e non chegará a España ata o 26 de xullo cando actuará no Estadio de San Mamés de Bilbao. O 28 de xullo tocarálle a quenda a Benidorm onde actuará no Estadio Municipal.
As dúas últimas citas serán en Sevilla no Estadio Olímpico da Cartuja o 30 de xullo, e Valladolid no Estadio José Zorrilla o 1 de agosto. A xira española pecharaa en Santiago de Compostela o 2 de agosto.
Bruce Springsteen puxo o pasado martes á venda en España o seu traballo Working on a dream. Inclue un CD con 13 cancións e un DVD con imaxes da grabación do album. Acompañan ao Boss a E Street Band, quen tamén actuará con Bruce na súa xira 2009.