Todos os integrantes son importantes

Importantes integrantes
19 de Xuño, 2024 - 10:37 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños chama a apuntarse na súa escola de fútbol. Iniciativa para nenos e nenas nacidos entre 2006 e 2018. Teñen xa once equipos e queren mantelos ou amplialos. En Maniños xogan todos os nenos. Todos os integrantes son importantes, indica o secretario do club Alfredo Fernandez.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Alfredo Fernández, secretario do Cultural Maniños:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/200624FERNANDEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

O Cultural Maniños fixou xa a data da súa tradicional churrascada de comezo da tempada. Será o venres 30 de agosto a partir das nove da noite nas instalacións do campo de fútbol do Pote. Unha data fixada con antelación para que ninguén se comprometa noutro tipo de evento. A afección do Maniños comezará con forza e gañas unha tempada máis.

 

Fotografía Xan Xe
 

Deportes

Publica o teu comentario agora