ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Os dous equipos competiron nun partido bonito” apunta o segundo adestrador da S.D.Barallobre Alejo Gelens, quen se laia da lesión sufrida por David López Porta antes do descanso. “O Maniños B é un rival con xogadores de moita resistencia e velocidade” indica o técnico. Barallobre 2 - 1 Maniños B. O Barallobre visita a próxima xornada ao Rápido de Neda. “Mentres teñamos posibilidades matemáticas imos seguir pelexando pola primeira posición” reflexiona o míster. Onte, tras o derbi local, todos remataron contentos.
“O Barallobre tivo o dominio do balón, porque lle gusta e porque estaba na súa casa, pero iso era xa o planificado” advirte o técnico do Maniños B Alvaro Dopico “Chiqui”. O filial do equipo do Pote recibe a próxima xornada ao Capela, nun partido de auténtico infarto. Os visitantes necesitan vencer para manter o liderado. Os de Maniños gañar e esperar, agardando poder manter a categoría. Chiqui está contento porque os rapaces están competindo.
Fotografía Xan Xe. Arquivo Radio Fene.
Maniños B - Barallobre (Ano 2022)
Comentarios
paso a paso,la unión del
Publica o teu comentario agora