Todos sofriremos o parón, segundo Angel Mahía

Todos sofriremos o parón, segundo Angel Mahía

05 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Todos os equipos sofrirán o parón do último domingo ao perder o ritmo da competición, segundo o adestrador do Cultural Maniños Angel Mahía. O equipo volve esta tarde aos adestramentos para preparar a vindeira xornada da Segunda Autonómica de fútbol. Os do Pote xogarán este domingo ás catro e cuarto da tarde na Capela.

O Maniños adestrará no anexo do Pote esta tarde e mañá venres. O adestrador Angel Mahía opina que todos os equipos se verán perxudicados polo parón sofrido a pasada semana a raiz do aviso de temporal. Pérdese ritmo de competición, segundo indica o técnico que non dará recuperado aos lesionados Edu e Santi. O Cultural Maniños é octavo con 30 puntos. O Capela, adestrado por Pedro Vidal, leva 14 puntos, situandose no posto nº 17 da clasificación.

Nesta xornada enfrontaránse tamén o Miño co Numancia, o San Sadurniño co Cedeira e o Valdoviño co Narahio. O Narón B recibe ao Eume Deportivo e o San Pablo xoga no campo de San Xoan co Ortigueira. Todos os encontros xogaránse o domingo ás catro e cuarto da tarde, salvo o Animas que recibe ao Galicia de Mugardos B no campo da Gándara tamén o domingo, pero ás catro da tarde.

Deportes