Todos a unha

Todos a unha
12 de Novembro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Todos de acordo en que debe acabar o illamento ferroviario de Fene e a comarca. O tenente de alcaldesa do Concello de Fene, Manuel Polo deu conta do pronunciamento do Pleno municipal nunha entrevista na que tamén se referiu ao asolagamento rexistrado hai uns días no centro de saúde. 

ESCOITA O PODCAST:



A Corporación municipal de Fene aprobou por unanimidade,, na última sesión plenaria, unha declaración institucional que defende a mellora das infraestruturas ferroviarias nas liñas Ferrol-Coruña e Ferrol-Ortegal e que se traspasen á Xunta como cercanías, segundo explicou Manuel Polo. “Emana da sociedade e encaixa coas reclamacións históricas do BNG”, subliñou nunha entrevista en Radio Fene.

Convenio caducado

Unha pelota de tenis atascada nun canlón provocou a caída de auga dentro do centro de saúde de Fene “creando ese estropicio”, explicou Manuel Polo. “Choveu moito e o centro de saúde demostrou que ten un deseño incorrecto, cunha recollida de augas interior, pouco práctico,a interior do edificio creando ese estropicio. Aclarou tamén que o convenio polo que o Concello asumira o mantemento do centro de saúde caducou hai un ano e así se lle fixo saber ao Sergas que non deu resposta algunha.

Institucional

Publica o teu comentario agora