Toma el dinero y corre

Toma el dinero y corre
10 de Outubro, 2021 - 07:03 h. | Publicada por Radio Fene

As direccións das entidades bancarias semella que aprenderon o guión da película de Woody Allen de 1969 (Toma el dinero y corre). Cando era rendible captar o aforro da clientela, extenderon a súa rede de oficinas, planteis de traballadores e captación de clientela. Agora que o negocio está nos seguros e nos préstamos, despiden e pechan oficinas.

Concentración en Santiago de Compostela contra os despidos e peches de entidades bancarias

O Concello de Santiago de Compostela aprobou unha moción na que se expresa o apoio da Corporación ás xustas reivindicacións das traballadoras e traballadores da banca en defensa dos postos de traballo e do mantemento dos servizos financeiros básicos. Na iniciativa instábase a Xunta a desenvolver, no marco da súa competencia, as actuacións necesarias para evitar a deslocalización de servizos e a perda de postos de traballo no sector da banca en Galiza. Tamén reclamaba instar o Goberno español a impulsar unha regulación do sector bancario que atenda as necesidades de financiamento da economía produtiva e asegure o acceso da cidadanía a servizos financeiros básicos.

A portavoz municipal do BNG Goretti Sanmartín recordou tamén a declaración institucional aprobada no Pleno de setembro para a permanencia destas sucursais na Cidade histórica. “Nunha sociedade como a actual en que é imprescindíbel o uso de entidades bancarias, urxe adoptar medidas por parte das administracións para forzar a evitar o peche de oficinas, tanto na Cidade histórica como no rural, debido á repercusión negativa que ten esta decisión de centralización e supresión de postos de traballo para a economía local de Santiago de Compostela, cando están a ter grandes beneficios que non repercuten na mellora social”, indicou.

“O problema de que a Cidade histórica acabe converténdose nun decorado e non preste servizos á veciñanza pode levar a que máis xente abandone a súa residencia na nosa cidade”, advertiu. Co peche destas entidades agudízase o baleirado de servizos e apóstase por un modelo de negocio afastado das necesidades da maioría social, que non vai orientado ás pequenas empresas, persoas autónomas nin particulares,

Cultura

Publica o teu comentario agora