Tonhito de Poi, “na selva está a esencia do ser humano e están destrozándoa”.

Tonhito de Poi, “na selva está a esencia do ser humano e están destrozándoa”.
20 de Setembro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Antón Axeitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi, xuntou, en 1992, a varios mozos da contorna do seu pobo natal Castiñeiras para crear Heredeiros da Crus, un proxecto que funcionou ata 2005, ano no que se separaron. 

ESCOITA O PODCAST:

Pero Tonhito é un home moi inquieto e xunto a outros músicos portugueses creou o grupo A Banda de Poi, coa que sacou un único disco, “Mór”. En 2007 emprendeu un novo proxecto con Tonecho Españae os portugueses Poni e Hugo Machado, chamado Tonhito de Poi e Rasa Loba. Con este grupo sacou o disco “Instinto”. En 2012 os Heredeiros da Crus volven, pero os proxectos individuais seguiron adiante e Tonhito continuou coidando a súa carreira en solitario. En 2013 retomou A Banda de Poi para unha serie de concertos cunha nova formación. 

A súa aproximación persoal á Amazonía, e as experiencias alí vividas coas tribos coas que comparte vivencias e ritos, teñen deixando pouso na súa música. Tres das súas visitas teñen dado como resultado un disco que reflicte o alí vivido. A cuarta visita ven chea de experiencias que, a bon seguro, agromarán en novos traballos e unha desafortunada certeza, esa selva virxe que é única no mundo está a ser devastada pola cobiza humana, “na selva está a esencia do ser humano e están a destrozala”.

Antón Axeitos, Tonhito para todo o mundo, seguramente un dos músicos máis emblemáticos da música galega, cando menos referente dunha xeración que, a bon seguro , seguirá indo aos teus concertos, con fidelidade sexa cal sexa a forma que teña no escenario, con Herdeiros, coa Banda de Poi, Poi ao vivo, ou calquera proposta que se lle ocorra, porque igual xa é unha parte do noso patrimonio musical.



Fotografía: Lorena Teijeiro

 

Cultura

Publica o teu comentario agora