ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O PP (16) perde oito escanos e o PSOE (14) descende en nove. Irrompe Podemos de Pablo Iglesias con cinco eurodeputados. A cidadanía en Catalunya participou de xeito masivo nestas eleccións europeas A participación nesa comunidade neste vintecinco de maio superou en caseque dez puntos á rexistrada hai cinco anos. En Galicia os resultados de cada forza política son os seguintes: P.P.35,21%, PSOE 21,73%, AGE 10,52%, PODEMOS 8,33%, BNG 7,90%, UPyD 3,47%. Saen eurodeput
En Euskadi tamén a participación supera en dous puntos á dos anteriores comicios. En Andalucía superou un punto a asistencia ás urnas das pasadas eleccións. Nas restantes comunidades, a abstención foi maior, descendendo a participación entre un punto na Rioxa e case cinco en Estremadura.
Censura a Rajoy
O considerable descenso do apoio electoral do PP representa o rexeitamento cidadán ás políticas de recorte postas en práctica por Mariano Rajoy. O presidente do goberno terá agora que explicarlle a Angela Merkel que non pode continuar coas medidas de sofrimento para lograr un deficit no 2015 do 4,2%
Torbón de luz sobre pituxa Europa sen astrónomos, é un verso de Bieito Iglesias incluido no seu libro "A última música das cousas"