Torradas

Torradas
06 de Febreiro, 2021 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

As torradas son unha sobremesa típica do Entroido pero tamén foron no seu tempo, alimento das recén paridas. A sua elaboración foi antigamente máis complexa que a actual, máis minimalista.

As torradas son lascas de pan, normalmente reseso, douradas no lume. Son unha sobremesa popular moi común na vella Galicia. Modesto González, tido por “Cociñeiro maior de Galicia” pola súa defensa da cociña patria, asinaba como Camilo de  Cela a finais do século XIX. Entre as súas preferencias están as axquisitas “torradas de paridas” que veñen ser a versión autóctona das torradas borrachas en viño tostado. Tras os partos, a alimentación das galegas constaba de varios productos fixos: a galiña e o caldo limpo, as xemas de ovo batidas e as torradas.

Álvaro Cunqueiro marca a diferencia entre as torradas de Castela, de pan migado, e as torradas galegas, feitas de rebandas resesas de pan trigo, de dias anteriores. O seu segredo está en rebozalas en ovo, fritilas e logo enchoupalas no leite quente con azucre, canela, limón e outros ingredintes que poden ser viño tinto ou tostado ao brandy, envoltas en claras a punto de neve, mel ou azucre. Vólvense fritir ou meter no forno ata que o zucre se poña cristal.

Na bibliografía galega noméase dende os textos do Rexurdimento. Os portugueses denomínanas com "rabanadas" en en Francia "pain perdu".

Hai moitas variedades, pero as máis comúns das galegas serían así:

Facer unha rebadas de pan de bola, reseso de dous dias polo menos. Móllanse en leite quente cunha rama de canela e unha copa de viño do Porto, para que abranden sen desfacerse. Escorrelas e bañalas en xema de ovo batido para fritilas en aceite de oliva. Bater as claras a punto de neve e envolver as torradas no merengue para, de seguido, metelas no forno quente ata que se doure o merengue e o azucre se faga caramelo. E bo proveito.

No vello Entroido de Fene (A Coruña) o animador da festa, O Tadetas" compúxo un himno carnavaleiro que di así:

"Chora nenas de Fene,

chorai, chorar, chorar,

que o Carnaval xa é morto

e o vamos enterrar.

Acabaches coas torradas,

e tamén cos fereixós,

e por iso este ano

temos que decirche adiós"

Cultura

Publica o teu comentario agora