A torre do reloxo preside a imaxe corporativa de Neda

A torre do reloxo preside a imaxe corporativa de Neda

22 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Neda estrea imaxe corporativa coa Torre do Reloxo, o casco urbano e o Belelle como sinais de identidade da real vila. O autor do deseño é o deseñador mugardés, Antonio Fernández Fernández.  No acto de presentación da imaxe esta  mañá, a  concelleira de Turismo, Montse Rico, subliñou que continúan os traballos con Heráldica da Xunta para a homologación do escudo e a bandeira.

Na imaxe corporativa aparecen representados, con liñas moi sinxelas, a Torre do Reloxo, os tellados do casco histórico e o río Belelle que representan moito do que é Neda.
O deseñador mugardés Antonio Fernández é o gañador da pasada edición do Concurso de Carteis da Festa do Pan. A partir dagora, a nova imaxe acompañará a documentación e comunicacións do Concello e se personalizará con cada unha das concellerías.
O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, anunciou que a Torre do Reloxo- recén restaurada- se reinaugurará cando concrete a data coa Consellería de Cultura, quen financiou as obras.

Sociedade