ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A única torre da catedral de Ourense, de corenta metros, alberga campás maiores e prima. A vista domina boa parte da cidade, lembrando os tempos nos que era fortaleza espiritual e militar da urbe.
“A sombra da catedral era para min coma unha presencia non admitida da imbatibilidade do destino. A súa vecindade achegábame a unha plástica intuición do eterno, tan potente e veraz, que a vida do pobo, a das xentes estrañas, a das miñas xentes, se me aparecían coma sen sentido final” afirma Eduardo Blanco Amor en “A catedral e o neno”.
Para Bieito Iglesias, “a alma de Ourense cristianizouse en época sueva ou mesmo antes, todo o que sabemos desas eras recuadas chega envolto na neboeira das lendas. O facto de que a catedral estea dedicada a un santo estranxeiro, San Martiño de Tours, explícase porque o santo turonense obrou o milagre de curar un fillo do rei suevo Carrarico. Non se descarta unha amálgama con outro santo, San Martiño Dumiense, arcebispo de Braga de orixe panonia que misionou aos suevos na ortodoxia.”
A catedral ocupa a mesma parcela que a destruída basílica da época sueva. Otero Pedrayo afirma que a obra comezou probablemente no reinado de Fernando II e pontificado do prelado Afonso I. O altar maior consagrouse o 4 de xullo de 1194 con reliquias de San Martiño de Tours pero a maior parte da obra debese ao bispo Don Lourenzo (1218-1248).
É que a catedral foi tanto fortaleza militar como abeiro do espírito durante as lideiras medievais que incendiaron a vila afrontando o concello co episcopado e a distintas faccións nobiliarias entre si: o conde de Benavente, por exemplo, causou estragos cando o seu inimigo o conde de Lemos se fixo forte neste espazo sacro.
Pero remontándonos máis atrás, o pasado romano de Ourense o acreditan restos como as fermosas lápidas adicadas por Calpurnia Abana Aeboso e Boelio Rufo ás Ninfas das Burgas.
IGLESIAS, BIEITO.Ouro de Ourense. Engaiolarte. Vigo.2015
OTERO PEDRAYO, RAMON. Guia de Galicia. 5ª edición. Ed.Galaxia. Vigo.1980.
BLANCO AMOR, EDUARDO. La catedral y el niño. Galaxia. Vigo. 1997
Publica o teu comentario agora