ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non é o mesmo unha torta de queixo descoñecido que de queixo como o do Cebreiro.
Seguimos andando o Camiño francés a Compostela con Kukinhas para celebrar a parada no Cebreiro cunha boa sobremesa; a torta de queixo do Cebreiro. Para cociñala precísanse dous iogures naturais. Os vasos de iogur servirannos para as medidas de azucre (dous vasos); dous de nata e dous de leite. Máis dispoñemos de 5 ovos, 200 gr de queixo do Cebreiro e un sobre de fermento.
A preparación non pode ser máis sinxela. Untamos o molde con manteiga e poñemos o forno a prequentar a 200ºC.Batemos todos os ingredientes co batedor e vertemos a masa no molde para enfornar durante uns 50 minutos. Comprobamos que xa está pinchando cun escarbadentes que debe sair completamente limpo. Di Kukinhas que o queixo do Cebreiro dalle á torta un toque tan cremosos que non podemos parar de comer nela.
Publica o teu comentario agora