A toxicidade do Veleno en familia

A toxicidade do Veleno en familia
28 de Novembro, 2019 - 10:08 h. | Publicada por Radio Redondela

"Quixen retratar a toxicidade de determinadas familias" afirma a escritora Rocío Leira, autora do libro "Veleno en familia", un volume que intenta realizar unha radiografía da sociedade galega actual con dinamismo narrativo e polifonía de voces. Leira recompila fraseoloxía de linguaxe popular. Foi finalista do Primeiro Premio de Novela Vilar Ponte en 2018. Agora ve a luz da man de Baía Edicións. Falamos desta novela no club de lectura de Radio Fene Radiofusión. Tatty Lavandeira, Esther Val, Andrés C.M.Riveira, Pitusa Arias e Henrique Sanfiz conversaron con Rocío Leira.

ESCOITA O PODCAST:
Rocío Leira, autora de Veleno en familia

Un ingreso hospitalario fai saltar polos aires un triángulo familiar no que nada é o que parece.Unha muller trastornada. Unha muller apoucada. Unha muller de armas tomar.Unha trama intrigante na que todas son vítimas e verdugas. O crime perfecto nunha familia imperfecta.

Rocío Leira participará nunha presentación cruzada sobre A maternidade na novela actual con Eli Rios (Remexido de patacas) e Emma Pedreira (As fauces feroces). Será este sábado ás 12 da mañá no Espazo Libro de Culturgal en Pontevedra.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora