ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un traballador faleceu e outros dous resultaron feridos nun accidente laboral ocorrido esta madrugada na central térmica das Pontes. O suceso produciuse ao tres da mañá na turbina da central térmica cando o tres operarios acudiron a tratar de solucionar un incidente e ese momento foron golpeados por unha peza que se desprendeu dunha máquina.
Unha manivela da máquina que estaban a manipular saíu despedida e golpeou aos traballadores. Un deles recibiu un forte golpe no costado e os outros dous sufriron diversos traumatismos, segundo informa Europa Press.
No mesmo lugar do accidente faleceu un dos operarios, M.A.M.O., de 55 anos. Era natural de Asturias, estaba casado, tiña dous fillos e residía nas Pontes desde hai anos. Os dous feridos, J.M.P.A., de 42 anos, e J.L.M., de 58 anos foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
Tanto o traballador falecido como os dous feridos son operarios de Endesa. Abriuse unha investigación sobre o accidente.
Endesa celebraba hoxe unha xornada ambiental, «Endesa e o Eume». Debido ao accidente suspendeuse a inauguración oficial e gardouse un minuto de silencio polo acontecido.