ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A asemblea de traballadoras e traballadores do Centro de Atención especial Terra de Ferrol -antigo Carmen Polo- retoman as mobilizacións iniciadas no pasado mes de outubro, en contra do despedimento de 52 persoas trala privatización do Centro para maiores de 21 anos "Souto de Leixa". A nova empresa adxudicataria do servizo conta co seu propio persoal e, polo tanto, a Xunta de Galicia iniciou os trámites para proceder ao despedimento do persoal interino, nalgúns c
O presidente da asemblea, Adriano Castet, recoñece que non é tarefa fácil, pero tamén afirma que non poden quedar parados ante a perda de postos de traballo prevista. Desde a asemblea de traballadoras/es aseguran que a nova Relación de Postos de Traballo reduce o plantel de 117 a 65 persoas, polo que, segundo o seu punto de vista, non se vai garantir a mesma calidade coa que contaba ata agora o servizo, como a atención de 24 horas todos os días.
Para comezar as reivindicacións, a asemblea despregará cartaces ao longo do muro que limita o centro, situado ao lado do Hospital Arquitecto Marcide. As mobilizacións da comunidade educativa do Souto de Leixa, comezadas en outubro do ano pasado, buscaban en principio a paralización do cambio no modelo de xestión das instalacións, antes públicas, e estaban apoiadas por catro mil sinaturas recollidas entre a cidadanía. Agora, trala materialización da xestión privada, as protestas céntranse en evitar os 52 despedimentos, posto que, segundo a asamblea de traballadores, “suporá un golpe importante na comarca”.