Traballadores do teatro

Traballadores do teatro
03 de Xaneiro, 2019 - 09:29 h. | Publicada por Radio Fene

O director teatral Eduardo Alonso asistiu en nadal de 1977 a un ensaio do grupo Teatro Círculo de Perlío. Chamoulle a atención a orixe traballadora de todos os seus compoñentes. Na súa ironía interna pensou na coincidencia de estudantes e traballadores na revolución, ainda que nese caso fora a revolución teatral.

Antigos compoñentes de Tagallo e do Teatro Círculo de Perlio

A obra que ensaiaba o Teatro Círculo de Perlío naquel lonxano 1977 era “Unha vez houbo un mundo novo” dirixida por Celestino Ledo, quen adaptara o conto “O mercado” do socialista utópico Edward Bellamy. O relato explica de xeito sinxelo o nacemento do capitalismo. E os de Perlío fixeron coa obra, un teatro musical, inspirado no cabaré. Lembra aquel episodio e outras andanzas do Teatro Círculo de Perlio e do grupo Tagallo, Eduardo Alonso no prólogo da obra de Francisco Oti “O novo teatro galego en Perlío: O Teatro Círculo e Tagallo”.

https://www.radiofusion.eu/actualidade/novas/unha-d%C3%A9cada-de-teatro-...

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora