ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Con esta categórica afirmación presenta Carla Romalde o inxente traballo musical do grupo Zavala ao que pon voz e imaxe. Catorce pezas compoñen o volume I do traballo que están presentando nos escenarios, “Pequeno Manual para Grandes Cambios. Volume I (teoría e práctica).”
E a súa capacidade de traballo é tanta que xa teñen listo, e están empezando a presentar, o Volume II de “Pequeno Manual para Grandes Cambios.”, con 13 pezas. Sonoridade, sutileza, melodías acolledoras e a presenza impoñente dunha voz marabillosa que é a de Carla Romalde, “unha cuestión de química pura”.
Zavala xurde do encontro de Víctor Ledo e Carla Romalde, ao proxecto uníronse Carlos Castro “Kos” (programacións, bases e visuais), Ana Lage (baixo, piano, acordeón e coros) e Elena Zas (piano, viola e coros), Carla aporta ao grupo a súa fantástica voz e a frauta traveseira, e Víctor Ledo a guitarra e, sobre todo, a mestría na composición das pezas que presentan.
Zavala é un proxecto musical coidado, mimado poderiamos dicir. Un luxo de instrumentos poderosos, elegancia electrónica, innovación e tamén tradición, todo isto engarzado a través de voces privilexiadas que acariñan letras comprometidas e rigorosas e é que Zavala son, sobre todo, “CANCIÓNS con maiúsculas”.
Publica o teu comentario agora