ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Todo a punto para o comezo do Programa Seráns Activos que ofrece o Concello de Fene a toda a veciñanza que supere os 55 anos. A pedagoga municipal, María Xosé Paz, deu máis detalles dunha programación que ten aberto o prazo de inscrición.

“Hai demanda, neste programa temos grupos moi estables”, indicou María Xosé. A Concellería de Benestar ofrece tres obradoiros diferentes que comezarán a vindeira semana, a partir do luns 14 de outubro. Espazo da Memoria, Lembranzas: o banco da memoria e Recuperación da Memoria. Os dous primeiros celebraranse nas parroquias, cun mínimo de oito a dez asistentes por grupo.
Publica o teu comentario agora